Casa da Gramática

 

   Noia chegou a ter mesmo tres hospitais na Idade Media, dos que dous foron destinados para acoller os peregrinos. O único edificio que se conserva actualmente é o denominado Hospital de Adentro que foi chamado chamado Casa da Gramática desde que alí fora fundada en 1594 unha escola –a primeira en Noia- na que se aprendía ós rapaces da vila os fundamentos das nobres artes da Retórica, Oratoria e Gramática, baixo a tutela dun mestre que aproveitaba as moi boas habelencias e raros enxeños.
AdxuntoTamaño
prueba.pdf38.63 KB