Arquivo

2014     XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

2013     ROBERTO VIDAL BOLAÑO

2012     VALENTÍN PAZ ANDRADE

2011     LOIS PEREIRO

 

A Real Academia dedica as Letras Galegas 2010 ao poeta do Courel

A Real Academia dedica as Letras Galegas 2010 ao poeta do Courel,
Uxío Novoneyra
           
 O autor que a finais dos anos 50 e con xesto valente pronunciou unhas verbas en galego en plena represión da lingua nun acto público en Compostela; o literato que cantou ao espírito galego colectivo en Os eidos; o poeta por excelencia do Courel, Uxío Novoneyra (1930-1999), recibirá o vindeiro ano o homenaxe que dende hai tempo merecía. Onte mesmo, o plenario da Real Academia Galega (RAG) acordaba dedicarlle o Día das Letras Galegas 2010 ao autor que chorara pola morte do Ché e as atrocidades de Vietnam na súa poesía cívica.
Na web www.uxionovoneyra.com, os parabéns filtrábanse onte despois de que amigos do poeta impulsaran unha campaña a prol de que lle dedicasen as Letras Galegas 2010, sumando preto de 600 apoios na rede con espazo propio incluido no Facebook.
Pola súa parte, a Real Academia destacaba onte que "Novoneyra foi un poeta de entrega total, cunha obra en constante refacción, en continua forxa". A RAG resaltaba tamén que non por isto foi un poeta de minorías "xa que sempre tivo unha gran preocupación pola comunicación co pobo. Algúns dos seus poemas extensos, como ´Vietnam Canto´ ou ´Letanía de Galicia´ estiveron presentes en cancións e recitacións desde a súa creación en 1968".
Os académicos tiveron en consideración tamén "a súa incursión narrativa para nenos" así como "a oralidade da súa poesía que adquiría matices especiais cando o mesmo poeta recitaba os seus propios versos".
O devezo de poetas e escritores pola súa obra traduciuse en dedicatorias inesquecibles. Lupe Gómez, por exemplo, chegou a sinalar de Novoneyra que "a súa poesía é a alma dunha muller espida mirando a natureza, verdéndose, abríndose".
Pola súa parte, Xosé Luis Méndez Ferrín e Ramón Piñeiro (este, o último homenaxeado no Día das Letras Galegas) teñen resaltado a súa creación no poemario Os eidos. Para Piñeiro, esta obra "expresa a experiencia máis radical e permanente do espírito galego en canto realidade colectiva".

Convocado o IX Certame Avilés de Taramancos             

      

 


         Ismael Ramos Castelo

gañador do primeiro premio na modalidade de narrativa, e do segundo premio na modalidade de poesía dos XXXVIII Premios Literarios Minerva
  Parabens!!
                                                         Le a noticia na prensa 
                                                          Le o fallo do xurado 

Casa da Gramática entre os finalistas dos premios da asociación Barbantia


 

  XORNADAS EDUCATIVAS CURSO   
 

'AS SILENCIADAS'

 
     
   

    

PROGRAMA

Hora de inicio as 19:00 h.

Luns 19deOUTUBRO Aurora Marco

"Galegas pioneiras e anónimas no derradeiro terzo do XIX

e primeiras décadas do XX"

Martes 20 DE OUTUBRO

Mariam Mariño Costales

Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega

"Ecoar silencios. A experiencia do Álbum das Mulleres"

Mércores 21 DEOUTUBRO

María Xosé Queizán

"25 anos da Festa da Palabra"

Margarita Romero Lorenzo

"As pombas vermellas do Baixo Miño"

Xoves 22 DE OUTUBRO

Carme Vidal

"A resistencia das mulleres na escrita.

Memorias femininas arredor de 1936"

Venres 23 DE OUTUBRO

Xesús Alonso Montero

"Josefa García Segret e outras mulleres de represaliados"

LUGAR:

Casa da Cultura "A. Aviles de Taramancos" - Noia Tlf/.Fax. 981824169  INSCRICIÓN:Gratuita na Casa da Cultura "A. Aviles de Taramancos" PRAZAS: 80

DESTINATARIOS:

Profesorado non Universitario do Ensino Público e Concertado

 As conferencias están abertas ao público en xeral

 HORAS DE FORMACIÓN: 10

Curso Homologado pola Dirección Xeral de

Educación, Ordenación e Innovación Educativa

e Formación do Profesorado Consellería de

Educación e Ordenación Universitaria

ORGANIZAN:

Concellería de Educación do Concello de Noia

ENDL do ÍES Virxe do Mar de Noia

 

 

 


 

 

Luns 19 de OUTUBRO: INAUGURACIÓN. As profesoras Aurora Marco (primeira pola dereita) e Concha Sabucedo, acompañadas polo alcalde de Noia e o Concelleiro de Cultura.

 


 

 Martes 20 de OUTUBRO: Mariam Mariño Costales e Miguel Fernández

  Mércores 21 de OUTUBRO:María Xosé Queizán (dereita),

Marga Romero e Concha Sabucedo.
 

  

Xoves 22 de OUTUBRO: Carme Vidal, presentada
por Carlos Maquieira, do ENDL do Virxe do Mar
 

 

Venres 23 de OUTUBRO: Xesús Alonso Montero, presentado por Xavier Castro.

 

 


 
 

 

                    

                                                          Portada da edición orixinal   
Este é un dos fermosos poemas que conforman o libro A frauta i-o garamelo do que se cumpre, neste mes de xaneiro, o cincuentenario da súa publicación. O libro de Avilés de Taramancos foi editado na cidade da Coruña o día 20 de xaneiro de 1959. A cuberta foi deseñada por Xosé Lois e as ilustracións do interior son de Lixandre.
A frauta i-o garamelo é unha pequena xoia que na que podemos atopar o Avilés mozo, intimo, e o seu abraiante dominio da sonoridade da palabra. 

 


Convocada a octava edición do Certame Literario de relato de Aventuras
 
Avilés de Taramancos