Novidades editoriais

 
Manuel Núñez Singala
Presentado o 'Menú de enganos' de Manuel Núñez Singala
Humor e vulneración da realidade nun orixinal libro de contos

Manuel Núñez Singala 
En galego, por que non  (Ed. GALAXIA)
EN GALEGO, PORQUE NON? É un libro para pensar sobre o galego e sobre as nosas actitudes fronte á língua de Nós. A través de exemplos moi concretos e doados de entender, asistiremos a un exercicio de derruba dos prexuízos e simplificacións que seguen tendo, arredor da língua, un eco notable na opinión pública. Un libro para entendermos que optar polo galego (por que non?) non é algo antigo, nin errado, nin minoritario, nin rural, nin, desde logo, algo propio de radicais ou de intelectuais desconectados da realidade social.

 
Xosé-Henrique Costas (Coord.)
Hai moitas  maneiras de faltar á verdade, e tamén existen escusas que xustifican ese dubidoso comportamento; gústanos falar de mentiras “piadosas”. Desde logo as que desmonta este libro non o son. Trátase de un conxunto de falacias co único fin de destruír a parte do universo que o noso idioma representa.Naceron movidas polo desprezo e por ideoloxías que xogan a proclamar todo aquilo que non son. Mesmo están as que posúen o cheiro inconfundible do odio.
 

Luis Rei      
Ramón Cabanillas Crónica de desterros e Saudades    ed. Galaxia
A partir dun rigoroso traballo de investigación, Luis Rei reconstrúe o camiño longo existencial do poeta Ramón Cabanillas. Velaquí unha biografía que combina testemuños, documentos e literatura para achegar o lector a unha das figuras que vivíu de preto períodos e acintecementos fundamentais da Historia galega do século XX. 

 
María Reimondez                      
Pirata ed. Xerais 
Pirata é unha novela que fala da busca da identidade, da loita atroz pola liberdade en tempos difíciles, e da esperanza de poderse sentir no fogar, mesmo nos lugares máis insospeitados. No marco real do século XVIII as súas personaxes deixan no mar estelas que falan das múltiples posibilidades da vida.
 

Xenaro García Suárez
Dos Signos de Stendhal aos imaxinarios de Musil    ed. Laiovento
 
Son moitas as ocasións en que matemáticas e literatura se entrelazan, e moitos os escritores para os que as afeccións matemáticas foron algo máis que vicios ocultos. Porén, rara vez se fala de que Dostoievski era enxeñeiro ou da gran formación matemática que tiñan Stendhal, Musil ou Valéry.
O certo é que ao longo da historia existiron numerosos exemplos nos que basear unha reflexión que axude a achegar a matemática e a creación literaria. Esta obra trata de contribuir ao achegamento das “letras” e as “ciencias” para amigar dúas manifestacións do intelecto que adoitan presentarse casi como antagónicas